Actriz nacida na Coruña e licenciada en Humanidades, Victoria Pérez formou parte das Aulas de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela e mais da Universidade da Coruña, centro no que se postgraduou en Estudios Teatrais e Audiovisuais e onde obtivo o DEA en investigación didáctica de Teatro, Expresión Corporal e Sociedade.
Intérprete en constante formación, recibe clases de interpretación e dirección con mestres e directores como Joel Beddows, Andrés Lima, Jose Carlos Plaza, Akiko Aizawa ,Carmen Portaceli, Iaroslav Bielski, Bob Mcandrew, W. Stanieswki, Ánxeles Cuña, Iñaki Aierra, Benito Zambrano, Chevy Muraday, Carlo Boso ou Mar Navarro.
Traballou para compañías como Teatro do Noroeste nas montaxes Romeo e Xulieta, Extrarradios comedia das mulleres desesperadas, Touporroutou da Lúa e do Sol -en coproducción co Centro Dramático Galego-, Historias Peregrinas ou Piratas; para Teatro do Atlántico en O Xogo de Yalta; con Elefante Elegante na peza Iliria, e para Caramuxo Teatro e A Contrabutaca en montaxes de teatro infantil.
Victoria Pérez recibiu no ano 2009 o premio á mellor actriz no FETEGA polo seu traballo en Extrarradios comedia das mulleres desamparadas e obtivo unha candidatura á mellor actriz secundaria nos María Casares no ano 2012.
No eido audiovisual participou en series de televisión de gran éxito a nivel estatal, como Hospital Central, Toledo e Sin tetas no hay paraíso. O público galego coñécea grazas ás máis populares series da Televisión de Galicia. Producións como Matalobos, Libro de Familia, A vida por diante ou Padre Casares contaron con Victoria Pérez nos seus elencos.
Como creadora, recentemente produciu o espectáculo Eu encargábame dos nenos e o meu home da parte dos gastos. Na actualidade codirixe a compañía Pérez&Fernández que está en xira co espectáculo de monicreques e actores O poder de Amabel.