top of page

A Forma das Cousas é unha brillantísima comedia negra asinada polo dramaturgo Neil Labute, considerado como o herdeiro natural de David Mamet. Trátase dunha historia provocadora, contundente, intelixente e cun ritmo trepidante que pescuda sobre os límites do amor e da arte contemporánea. Até onde estamos dispostos a chegar no nome do amor?

 

Sinopse

 

Evelyn, unha iconoclasta e excéntrica estudante de belas artes, aparece na vida monótona de Adán, un mozo inseguro e sen sorte no amor. El, que xamais se preocupara pola súa imaxe, estará disposto a cambiar calquera trazo da súa personalidade con tal de gustarlle a ela.

 

Pouco a pouco irase transformando, converténdose nun tipo máis desexable e atractivo. Non obstante, o cambio físico e emocional de Adán chamará a atención dos seus amigos más próximos (Jenny e Fili), e pronto terá inesperadas consecuencias para todos.

 

The Shape of Things estreouse no Almeida Theatre de Londres o 24 de maio del 2001, protagonizado por Rachel Weisz, Gretchen Mol, Paul Rudd e Frederick Weller, e coa música de Smashing Pumpkins. A versión cinematográfica do mesmo LaBute estreouse en xaneiro do 2003 no festival de Sundance.

 

 

 

bottom of page