top of page

Suso Montero | Escenografía

 

Escenógrafo e artesán. Ten deseñado carteis, figurinos e decorados para un total de 41 producións teatrais profesionais, entre as que destacan Informe para unha Academia (Troula, 1983), Almas perdidas (CDG-Artello, 1987), Moleques (Ollomol, 1989), Batea (Artello, 1990), Un refaixo para Celestina (CDG, 1993), Escola de Bufóns, (1996, Ollomol), Metamorfose (2000, Ballet Druída) ou De fábula (2005 Artello). Nos últimos anos, encargouse da escenografía de montaxes como Noiteboa (Redrum Teatro, 2015) ou Ensaio sobre a cegueira (Sarabela, 2015)

 

Dende 1987 ten deseñado máis 240 decorados para diversos programas da Televisión de Galicia, entre eles A toda máquina (1987), Corazonada (1989), Adiviña quen vén esta noite (1990), Unha de romanos (1991), Luar (1993/2000), A casa da conexa, Land Rober, diversas xiras do Xabarín Club (1997/99), Supermartes (1996/2003), Máxima Audiencia (2004-2005) e innumerábeis especiais de Verán, Nadal, Reis, Aniversarios, Moda, 25 de Xullo ou entregas de premios.

 

Entre 1990 e 2005 encargouse dos decorados do Telexornal. Dentro do audiovisual e entre outros traballos, Montero foi axudante de dirección artística do filme O lapis do carpinteiro (2001), e director artístico das teleseries Mareas Vivas (1998), Galicia Express (2000), Pequeno Hotel (2001), Piratas, O robo do Códice Calixtino ou Hospital Real. Recibiu o premio ao mellor vestiario nos Premios María Casares, por Escola de Bufons e nos AGAPI por A noiva de medianoite. Ademais, foi galardoado coa Medalla de Ouro da Feira Internacional de Artesanía de Múnic (Alemaña, 1991) e co Premio de Deseño Artesanal da Consellaría de Industria e Traballo da Xunta de Galicia (1995). Encargouse da escenografía das últimas galas dos Premios de Teatro María Casares, traballando con compañías como Bacana, Ibuprofeno e Elefante Elegante.

bottom of page