top of page

Octavio Mas | Iluminación

 

Artista plástico con ampla experiencia, Octavio Mas leva preto de 25 anos como iluminador e director técnico en diferentes disciplinas das artes escénicas: ópera, concertos, teatro, danza ou performance. Natural de Vigo, estudou na escola de Artes e Oficios de Vigo e trasladouse en 1989 a Santiago, onde compaxinou os seus estudos de Fotografía na Escola Mestre Mateo co seu traballo de iluminación na TVG. No ente público exerce durante sete anos e posteriormente participa en rodaxes de cine e publicidade con empresas como Peymar SL, Faro ou CTV. Ao tempo, principia o seu vencello coas artes escénicas.

 

Con máis de 150 deseños e preto de 1.500 representacións, o seu estilo caracterízase por unha evolución cara á iluminación máis contemporánea. Ao longo da súa carreira, o seu estilo acabou caracterízandose por unha evolución cara á iluminación máis contemporánea, así como a dirección técnica, en xira, das súas instalacións.

 

Traballou con compañías e entidades como o Centro Dramático Galego, o Centro Coreográfico Galego, UVeGa, Casa Hamlet, P.T. Excéntricas, Chévere, Nut teatro, A factoría, La macana, Teatro do Morcego, Eme2, Seiva Troup. Elefante Elegante, Retouramount ,Colegio del cuerpo, Pistacatro, Entremans, Javier Martín Danza, El conde de Torrefiel.

 

Presentou as súas instalacións en festivais e cidades de todo o mundo: París, Roma, Berlín, Barcelona, Brasilia, Venecia, Madrid, San Petersburgo, Ciudad de Panamá, Potsdam, Lyón, Marsella, Porto, Recife, Nantes, Zurich. Bruselas, Rio Preto, Sao Paulo, Bogotá, Lisboa, Santiago de Cuba, Roubeaux, Almagro, Groningen, Monterrey, Rennes, Aveiro, Montemor, Montpellier. San Sebastián, Bilbao, Vitoria-Gasteiz, Calais, Cadiz, Oviedo, Braga, Palma de Mallorca, Granada, Murcia, Pinto, Faro, Salamanca, Cigales, Pamplona, Burgos, Alcalá de Henares, Valladolid, Alicante, Estarreja, Las Palmas, Tarrasa, Xirona, etc…

 

Entre os seus recoñecementos, destacan os Premios María Casares 2007 á mellor iluminación por O regreso ao deserto (CDG) e por Oeste solitario (Producións Excéntricas, 2012).

bottom of page