top of page

Marta Horjales | Produción Executiva

 

Licenciada en Enxeñería Industrial, Marta Horjales combinou ao longo da súa traxectoria profesional a xestión, a consultoría e a loxística de diversas empresas industriais coa produción executiva e xerencia de multitude de proxectos culturais, vencellados principalmente ao ámbito das artes escénicas e musicais.

 

No eido cultural, Horjales foi de xerente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) entre 2007 e 2010. Nese cargo responsabilizouse da captación de fondos, das relacións institucionais e da planificación económica. Asumiu ademais a Produción Executiva e a Dirección de Produción dos Premios de Teatro María Casares dende a edición de 2008 ata actualidade así como a organización de xornadas profesionais no ámbito das artes escénicas e audiovisuais.

 

Horjales, por outra banda, coordinou as reunións da Plataforma das Artes Escénicas e da Plataforma Audiovisual, formadas polas asociacións profesionais do sector en Galicia. Dirixiu e coordinou tamén o proxecto da recentemente estreada web da AAAG. A súa experiencia na produción executiva inclúe tamén a fundación e produción das tres primeira edicións do Festival Internacional de Teatro Cómico Manicómicos da Coruña e a organización de múltiples eventos para diferentes concellos de Galicia.

 

Na actualidade, traballa como socia directora na empresa La Yogurtera S.L , especializada no desenvolvemento, organización, planificación e produción de eventos e espectáculos. Nesta entidade encárgase ademais da coordinación de proxectos culturais e asesoramento en xestión de empresas e asociacións do eido cultural.

 

Horjales desenvolveu diversas facetas empresariais no sector industrial, centrándose en empresas como Archivo 2000, Vicaro Confección, Vodafone ou H.F Aplicaciones Industriales

 

bottom of page