top of page

Manuel Silva | Deseño gráfico e video

 

Manuel Silva é un artista multidisciplinar, titulado en Escultura, Ilustración e Deseño Gráfico na EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela e na EASD Pablo Picasso da Coruña. Despois da súa formación en Galicia, trasladouse a Barcelona para realizar estudios audiovisuais na ECIB.

 

Comeza dedicándose profesionalmente á ensinanza e ao deseño gráfico e nos últimos anos especialízase no eido audiovisual, participando en pezas de animación como Leo e O Apóstolo e a filmación e dirección de documentais como Ejes ou FAC. Ademais, crea un selo audiovisual propio, Edición Rusa, dedicado a dar cobertura a contidos artísticos e culturais. Traballou de editor de programas de televisión como Perdidos en Galicia para  Voz TV e realizou os grafismos de distintas emisións da TVG. Encargase da realización audiovisual en diferentes eventos e festivais da relevancia do Curtocircuito ou do Carballo Interplay.

 

Como realizador audiovisual, Silva participou en diferentes galas dos Premios de Teatro María Casares e na cerimonia de entrega dos Premios da Cultura Galega  en 2013, galardóns organizados pola Xunta de Galicia . Traballa no ámbito do deseño e na maquetación para diversos organismos do goberno autonómico, así como para diferentes concellos. Neste campo, destacan traballos como o desenvolvido nas Unidades Didácticas Concepción Arenal e María Wonenburguer da Secretaría Xeral de Igualdade, Regala Arousa Norte, Rocharte ou Nsaio (Xunta de Galicia).

bottom of page