top of page

Esther Souto | Vestiario

 

Esther Souto formouse como técnica superior en maquillaxe na Escola Cazcarra de Barcelona, en deseño de estilismo en moda na escola Goymar da Coruña e en técnicas de policromía artística na Escola de Artes Pablo Picasso. Tras esta aprendizaxe, a súa carreira profesional transcorreu no deseño na industria téxtil, no estilismo de eventos, na maquillaxe artística e na docencia, impartindo clases de estilismo e maquillaxe.

Tras o seu paso por Caramelo, onde iniciou a súa traxectoria profesional, na  actualidade traballa en Active Line, como deseñadora de coleccións para clientes líderes en prontomoda, como son H&M, Grupo Inditex, Pinkie ou Mango. Con anterioridade, traballou como deseñadora en Kuroda. Para Fuentecapa, encargouse do deseño da colección de Kapala, como tamén dos deseños de prendas de marcas como Obrero, Viridianna e Wuming.

 

Mergullouse en proxectos artísticos a través da súa colaboración no programa de televisión Amor na Rede, en longametraxes como Maldita Sangre, de Café con Gotas Producciones ou en montaxes teatrais como Palabras malditas, de Teatro do Noroeste, e Ensaio sobre a cegueira, de Sarabela Teatro, na que se encargou do estilismo e o figurinismo.

 

Como estilista exerceu na sala Shoko de Madrid e realizou a imaxe do grupo musical Moon Cresta y El cuerpo del ritmo para a edición dos discos e en eventos promocionais de difusión internacional. Tamén traballou na maquillaxe de pasarela nas Xornadas Llongueras de Barcelona, no bodypainting das festas das discotecas Elephant e Buda. Pasou polas canles Gestmusic, Canal Latino e Canal 25, onde se encargaba da maquillaxe dos presentadores.

bottom of page